Encontro Folclórico na AVCD Lavadores

Mañá domingo 11 de outubro celebraremos na Asociación Veciñal de Lavadores o XXII ENCONTRO FOLCLÓRICO, dentro da programación da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais.

O festival celebrarase no Auditorio da Asociación a partir das 18:30 h, e contará cos grupos Valladares, Traspés, Freixo, Son das Ferriñas e Arroases do Fiadeiro. A entrada para asistir ao festival é gratuita.

Achegádevos á Asociación Veciñal de Lavadores para desfrutar dunha tarde de música tradicional, baile e troula!

Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *