Oferta de emprego na AVCD Lavadores

A AVCD de Lavadores ofrece un contrato de camarero/a-axudante de cociña para atender a cafetería/cantina establecida na sede desta Asociación.

Retribución segundo convenio de actividades de ocio educativo da provincia de Pontevedra.

A xornada semanal será de 30 horas de luns a venres e eventualmente os sábados, sempre en horario de tarde e dentro da xornada contratada.

Son requisitos indispensables para presentarse ao posto:

  • Ter empadroamento en Vigo dende como mínimo o 1 de xaneiro de 2026.
  • Estar desempregado/a e de alta como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Dispoñer de formación acreditada de nivel alto (carnet) para a manipulación de alimentos.

Valoraráse:

  • Capacidade para comunicarse en lingua galega.
  • Formación e experiencia laboral no ramo da hostalería e/ou postos de atención ao público.
  • Experiencia de traballo e/ou colaboración con entidades asociativas sen ánimo de lucro.

As persoas interesadas deben presentar a seguinte documentación:

  • Carné de manipulación de alimentos e formación sobre alérxenos alimentarios.
  • Volante de empadroamento.
  • Fotocopia do DNI.
  • DARDE (Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego) en vigor.
  • Informe de vida laboral actualizada.
  • CV actualizado con datos de contacto completos e documentación acreditativa dos méritos.

Prazo para a presentación de candidaturas: 31 outubro de 2026, ben presencialmente (no horario de oficina da asociación, no número 302 da Avenida Ramón Nieto) ben por correo electrónico no enderezo: asociacionlavadores@gmail.com solicitando acuse de recibo. Para información: asociacionlavadores@gmail.com

Categories: