VOLTAMOS A LAVADORES 📣
Rivalidades entre grupos de lavandeiras, camións de gaseosas que perdían a carga nas curvas, a contaminación do Río Lagares… Cantas historias caben nun barrio! Por iso voltamos a Lavadores co noso programa de Memorias dos Barrios, para seguir tecendo a memoria colectiva 🧶
📅 Venres 27 de novembro
🕖 20:00
📍 A.V.C.D. Lavadores (Ramón Nieto, 302)
🧠 MEMORIAS DE LAVADORES
👛 Entrada inversa
Vide a contar o que lembrades do barrio, e se chegastes hai pouco, tamén tedes moito que compartir: a memoria do barrio facémola entre todas e todos. ✨
Vémonos o venres!



Deixa unha resposta