O pasado sábado a asociación veciñal de Lavadores participábamos na Festa dos Maios organizada pola Irmandade de Festas de Santa Cristina de Lavadores. Ao longo dunha fermosa mañá de sábado, e acompañados pola música do grupo Pandereteiras das Fontes, estivemos traballando para montar un maio que, ainda sendo a nosa primeira vez, quedou ben fermoso.
Dende aquí queremos agradecer á Irmandade de Festas de Santa Cristina de Lavadores a súa invitación para participar neste evento, no que xuntamos tradición e música para darlle a benvida á primavera.
Aquí tedes algunhas fotos nas que podedes ver o proceso de creación do noso maio.










Deixa unha resposta