Acto de homenaxe aos fusilados polo franquismo

O mércores 10 de decembro teremos a honra de recibir o acto de homenaxe organizado pola Asociación Memoria, Verdade e Xustiza, que recordará aos fusilados no Castro de Vigo o 10 de decembro de 1936.

O acto comezará ás 19:00 h cunha ofrenda floral diante da placa en lembranza dos asasinados en Vigo situada na entrada da Fortaleza do Castro, e continuará na Asociación Veciñal de Lavadores ás 20:00 h. cun acto no que se honrará ás familias dos represaliados e se reinvindicará novamente a constitución dunha Comisión da Verdade que saque á luz os nomes das persoas represaliadas durante a dictadura franquista e dos protagonistas deste rexime terrible de terror e represión.

Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies