Acto de homenaxe en memoria das vítimas da Guerra Civil e dos represaliados da disctadura franquista

O vindeiro sábado 23 de novembro, ás 12:00 h, a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores realizaremos o noso acto anual de homenaxe en honor das vítimas da Guerra Civil e dos represaliados pola dictadura franquista. O acto celebrarase cunha ofrenda floral no monumento en honor das vítimas situado no parque de Barreiro, nos antigos terreos do cuartel militar.

Acompañarannos neste acto de homenaxe o grupo de gaitas Vila Galiza, grupo local da nosa asociación, e contaremos con presenza de Celso López Pazos, profesor de historia e presidente da Asamblea Republicana de Vigo.

Agardamos a vosa participación neste importante acto en memoria das vítimas e dos represaliados pola dictadura franquista.

Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies