O pasado 24 de Maio celebrouse Asamblea Extraordinaria na Asociación de Veciños de Lavadores, asamblea durante a que se elexiu unha nova Xunta Directiva que xestionará a asociación no futuro.

Rematada a etapa dirixida por Antonio Rodríguez, na que a asociación recuperou o impulso que perdera durante a pasada década, recuperando moitos dos socios que abandoaran a asociación e chegando, a pesar das moitas dificultades e da complicada situación da asociación, a un momento ilusionante no que a Asociación de Veciños de Lavadores ten a capacidade de traballar de novo en axuda dos veciños e veciñas de Lavadores, como leva facendo desde 1974.

A nova etapa que comeza este 2024 estará dirixida por Manuel Costas, un histórico membro da asociación e destacado veciño de Lavadores, con moitos anos de traballo no ámbito social e no mundo asociacionista. Xunto a Manuel Costas, un equipo que xunta experiencia e xuventude: Rosa María Fernández Otero, Irene Rodríguez Francisco, Jose Manuel Fernández Alonso, Maria José Martínez Pérez, Eira Traiman Vitureira, Jorge Benavente García, Yaritza Rodríguez Arias e Maria Teresa Rodríguez Vázquez. Un grupo de veciños comprometidos con axudar á veciñanza de Lavadores en todo o que poidan precisar.