O vindeiro luns 24 de febreiro terá lugar no Salón Azul da AVCD Lavadores a charla “Alzheimer e outras demencias: que son e factores de prevención”, impartida por Patricia Aparicio, educadora social de AFAGA Alzheimer, asociación coa que a asociación veciñal de Lavadores colabora na realización deste acto.
A charla terá lugar ás 17:30 h; quedades todos convidados a participar neste acto cunha temática que seguramente será de interese para moitos e moitas das nosas veciñas.



Deixa unha resposta