Este venres 22 de maio terá lugar na asociación veciñal de Lavadores un concerto do noso grupo de acordeóns, Son de acordeóns, encadrado nas actividades da asociación con motivo do Día das Letras Galegas e dirixido por Xaime Vilas Castro.
No mes das Letras Galegas, unímonos ao legado de Begoña Caamaño para reivindicar a nosa voz e a nosa identidade.
A partir das 20:00 h, achegádevos á asociación para disfrutar do concerto deste fantástico conxunto.



Deixa unha resposta