Este sábado 13 de setembro, na Asociación Veciñal de Lavadores, temos programada unha xornada de enorme interese para as veciñas e os veciños do noso barrio.
A xornada terá o título de “Coñecendo o patrimonio industrial de Lavadores”, e nela interverá Manuel Lara Coria, presidente de BUXA, Asociación Galega de Patrimonio Industrial. A charla terá lugar ás 18:00 h.
Ao remate da charla e do debate, realizaremos un roteiro polas proximidades da AVCD de Lavadores, guiado polo historiador local Isidro Román, no que poderemos observar directamente os exemplos máis destacados do patrimonio industrial que fixo do antigo Concello de Lavadores un referente na provincia de Pontevedra.
Non perdades a ocasión de coñecer da man de expertos a historia industrial do noso barrio.



Deixa unha resposta