Convocatoria de Asemblea Ordinaria

Benqueridos veciños e veciñas, socios e socias da Asociación Veciñal, Cultural, Deportiva e de Consumidores e Usuarios de Lavadores,

Como cada ano, pola presente, comprácenos convocarvos a participar na Asemblea Ordinaria da Asociación o vindeiro día 19 de xuño ás 19:30 horas en primeira convocatoria e 20:00 horas en segunda.

Os puntos da Orde do día serán os seguintes:

  • Lectura e aprobación da acta anterior.
  • Presentación das contas de 2025.
  • Presentación e aprobación do orzamento de 2026.
  • Síntese das actividades e iniciativas desenvolvidas no 2025 e previstas no 2026.
  • Rogos e preguntas.

Por favor lembren que para exercer o dereito ao voto faise imprescindible:
1.- Presentar o DNI no acceso a Asemblea.
2.- Ter o pago das cotas de asociado/a ao corrente.

Atentamente,
A directiva da asociación e no seu nome, o seu presidente, Manuel Costas Rodríguez

Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies