CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2025

A Asociación Veciñal, Cultural, Deportiva e de Consumidores e Usuarios de Lavadores convoca a todas as persoas socias á celebración da súa Asemblea
Xeral Ordinaria, que terán lugar o venres 27 de xuño de 2025, no Auditorio da Asociación, na súa sede.

 Primeira convocatoria da Asemblea Ordinaria: ás 19:00 horas
 Segunda convocatoria da Asemblea Ordinaria: ás 19:30 horas

ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior
2. Rendición de contas correspondente ao exercicio 2024
3. Informe de xestión
4. Renovación dun dos membros da Xunta Directiva
5. Rogos e preguntas

Lémbrase que, segundo o artigo 25 Letra B dos Estatutos da Asociación, para poder participar na Asemblea Xeral e exercer o dereito a voto é imprescindible que as persoas socias asistentes estean ao corrente no pago das cotas. Animamos a todas as persoas socias a participar activamente neste espazo de decisión e vida asociativa.

En Lavadores, a 06 de xuño de 2025,

A Xunta Directiva e o Presidente da AVCD na súa representación

Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies