O próximo venres 29 de novembro teremos o pracer de celebrar a presentación do libro “A fala de Vigo”, do vigués Xose-Enrique Costas.

O acto contará coa presencia da licenciada en Filoloxía Galega e Portuguesa Helena Pousa, especialista en estudos lingüisticos e históricos da zona do Baixo Miño, e do autor do libro, Xose-Enrique Costas, Catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo.

Agardamos a todos os veciños e veciñas de Lavadores en esta presentación dun libro que despertará sen dúbida a curiosidade de todos os asistentes.