Excursión á Illa de Sálvora

O proximo día 11 de maio a Asociación Veciñal de Lavadores organiza unha excursión á Illa de Sálvora e á Illa da Toxa, aberta a todos os veciños e a todas as veciñas do barrio.

O itinerario consiste nun roteiro en catamarán con degustación de mexilóns ao vapor, viño novo, auga ou refresco, unha visita guiada á Illa de Sálvora e algo de tempo libre na Illa da Toxa.

O prezo da excursión é de 75 euros, e inclue viaxe en autocar ata o punto de saida do barco e retorno a Vigo, entrada no catamarán, roteiro guiado na Illa de Sálvora, xantar en restaurante, un guia acompañante e seguro de viaxe.

As reservas deben facerse na secretaría da asociación ou por Whatsapp ao número da asociación, 681968725.

Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies