Excursións ás Cíes e a Ons

Este xuño viaxa coa túa Asociación! Dende a AVCD Lavadores organizamos dúas excursións para toda a familia, unha ás Illas Cíes e outra á Illa de Ons.

O domingo 15 de xuño dende a AVCD Lavadores sairemos ás Illas Cíes, mentres que o domingo 29 de xuño a viaxe será ata a Illa de Ons. Os prezos son:

  • para maiores de 13 anos, 16 € socios / 19 € non socios.
  • entre 5 e 13 anos: 7 € socios / 10 € non socios.
  • menores de 5 anos: de balde.

O prezo inclúe o billete de ida e volta ás illas, con saida dende o porto de Vigo. Podedes facer a reserva no Whatsapp da Asociación 681 968 725 ou na propia Secretaría. ¡Non perdades a oportunidade de darlle a benvida ao vran visitando as maravillosas illas atlánticas!

Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies