O pasado venres poidemos disfrutar na Asociación dun divertidísimo concerto de Broken Peach, no que dende os máis maiores ata os máis cativos bailaron e saltaron coa música deste fantástico grupo.
Queremos agradecer dende a Asociación a xenerosidade dos compoñentes de Broken Peach, que actuaron de xeito desinteresado para colaborar coa AVCD de Lavadores, nunha tarde que foi un éxito de participación dos veciños e das veciñas do barrio. ¡Moitas grazas, amigos, sempre benvidos en Lavadores!



Deixa unha resposta