Dentro da programación do Xullo Cultural da Asociación Veciñal de Lavadores, o venres 11 de xullo celebraremos a nosa II Festa do Xurelo en Escabeche no recinto da asociación.
A partir das 18:00 h, podedes tomar unha ración de xurelo en escabeche, ración que inclúe pan, e a elixir viño ou auga. O prezo da ración será de 6 € para os socios da asociación que reserven anticipadamente, e 7 € para non socios ou para socios que compren o ticket de ración o mesmo día da festa. Ademáis, na cafetería da asociación teremos os habituais productos como choripán, tortilla ou empanadillas.
A xornada de festa será amenizada polo grupo musical “Os Cuncheiros”, e ademáis contará con obradoiros, música e sorteos.
¡Acompañádenos nesta festa e disfrutade das noites de xullo na AVCD de Lavadores!



Deixa unha resposta