O pasado sábado 21 de setembro, organizado pola Agrupación Local de Esquerda Unida en Vigo, tivo lugar un acto no Salón da Asociación de Veciños no que o historiador e arquiveiro Francisco Redondo Abal, membro do Consello da Cultura Galega, repasou a represión levada a cabo polo rexime franquista contra o Corpo Facultativo de Bibliotecarios, Arquiveiros e Arqueólogos, especialmente nas mulleres, unha vez eliminadas as institucións postas en marcha polo goberno da Segunda República.

Durante os anos da República o Ministerio de Instrucción Pública puxo en marcha un ambicioso proxecto co obxetivo de levar a todo o país o acceso á lectura, proxecto que buscaba a alfabetización da poboación máis desfavorecida. Baixo o pulo deste proxecto, e integrado nas Misións Pedagóxicas dirixidas por Manuel Bartolomé Cossio, chegaron a crearse máis de 5000 pequenas bibliotecas en pequenos núcleos de poboación, maiormente rurais. Para esa inmensa tarefa, o Ministerio integrou a un gran número de novos funcionarios (moitas delas mulleres) no Corpo Facultativo de Bibliotecarios, creando unha extensa rede de funcionarios públicos que traballaron arreo para levar a cultura e os libros a todos os rincóns do país.

Tras a sublevación franquista de 1936, todo este traballo foi destruido, e moitos deses libros foron queimados. No canto aos funcionarios a funcionarias integrados pola República, moitos deles foron represaliados, asasinados, exiliados ou simplemente sancionados dentro do corpo funcionarial e relevados a destinos de baixa cualificación. Dentro de estas mulleres represaliadas destacaron nomes como Juana Capdevielle ou Maria Moliner.

Exif_JPEG_420