O pasado sábado 23 de novembro celebramos na Asociación Veciñal o acto anual de homenaxe ás víctimas da guerra civil e ós represaliados durante a dictadura franquista. Nun sinxelo pero emotivo acto, no que participaron algúns veciños, os membros da Asociación e da Comunidade de Montes de Lavadores ofreceron duas coroas de loureiro pola memoria de todos aqueles que sufriron a crueldade do réxime franquista.

O acto contou coa participación de Celso López Pazos, presidente da Asamblea Republicana de Vigo, e coa interpretación do Himno Galego por parte do grupo de gaitas da Asociación, Vila Galicia.

De iguel xeito, unha representación dos socios e socias da Asociación Veciñal de Lavadores e da Comunidade de Montes acudiron ao acto en homenaxe aos Mártires de Sobredo, acto no que se ofreceron igualmente duas coroas de loureiro en memoria dos represaliados.