O vindeiro xoves 23 de xaneiro iniciaremos os actos de celebración do 50 Aniversario da Asociación Veciñal, Cultura e Deportiva de Lavadores. O primeiro acto elexido para esta importantísima celebración é un ciclo de cine e memoria na que ofreceremos catro proxeccións de documentais e películas relacionadas coa memoria histórica, en colaboración coa Asamblea Republicana de Vigo.
A primeira proxección do ciclo “XOVES DE CINEMA E MEMORIA” trátase do filme documental “Del olvido a la memoria. Presas de Franco”, dirixido por Jorge Montes Salgueiro, do ano 2007, un emotivo documental que describe a situación pola que pasaron as loitadoras antifranquistas durante o seu paso polos cárceres da ditadura, e que está baseado no traballo realizado pola ex militante comunista Tomasa Cuevas.
A proxección contará con introducción de Celso Lopez Pazos, Presidente da Asamblea Republicana de Vigo, e está programada para o xoves 23 de xaneiro ás 19:00 h. Este acto será o primeiro dun ciclo de 5 proxeccións que terán lugar nos meses de febreiro, marzo, abril e maio. Estade atentos ós anuncios das próximas películas.
Comentarios recentes