MES DE SAN XOAN NA AVCD LAVADORES

Coa chegada do mes de San Xoan a túa asociación énchese de festa e de actividades. Dende a Asociación Veciñal de Lavadores organizamos unha chea de eventos para toda a familia, nas que podemos disfrutar da música, da festa, da boz comida e da boa compañía.

As actividades de San Xoan na Asociación Veciñal de Lavadores extenderase durante as seguintes tres fins de semana, e constará da seguinte lista de eventos:
    

VENRES 6 DE XUÑO:

17:00 h – PRIMEIRA PARTE DO FESTIVAL FIN DE CURSO DE ACTIVIDADES DA NOSA ASOCIACIÓN: coa participación dos grupos de ximnasia rítmica, taichi e zumba.

No Salón Azul, exposición dos traballos de artesanía realizados durante o curso.

Demostración dos obradoiros de bordado, encaixes de bolillo e obradoiro de arte.

20:00 h – ACTUACIÓN DO GRUPO FARO DA GUÍA.
    

SÁBADO 7 DE XUÑO:

18:00 h – SEGUNDA PARTE DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO DE ACTIVIDADES DA NOSA ASOCIACIÓN: coa intervención da Escola Froles Novas de Lavadores, grupo de baile moderno de Escolas Nieto, e Comparsa Arroutada.

No Salón Azul, exposición dos traballos de artesanía realizados durante o curso.

19:30 h – Animación da Asociación Monteira Danzas do Mundo, aberto a todos os públicos.

Adiantamos xa as actividades programadas para o resto do mes:

Sábado 14 de xuño: actuación da banda Ateneo Musical de Bembrive.

Sábado 21 de xuño: Festa de San Xoán, sardiñada e foliada co grupo de gaiteiros os Erdeiros dos Morenos de Lavadores.

Categories: , , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies