Para pechar o Xullo Cultural dentro da asociación veciñal de Lavadores, este venres 18 de xullo teremos unha actuación moi especial con Jardiel Poncela e Bule Bule Teatro como protagonistas.
A partir das 20:30 h, o grupo Bule Bule Teatro representará a divertidísima obra “Eloísa está debajo de un almendro”, do autor Enrique Jardiel Poncela. Un clásico adaptado e dirixido por Zazu Fernández, que seguro arrincará as gargalladas do público nesta noite especial de verán.
Un evento que non podedes perder!



Deixa unha resposta