O Presidente da Comunidade de Montes de Lavadores fixo o pasado día 1 de xuño de anfitrión para a primeira plantación no que será unha nova área recreativa nos montes de Lavadores. A nova área atópase á beira do IES Ricardo Mella, e os membros da Comunidade de Montes tiveron a inestimable axuda dos alumnos e profesores do CEIP Fonte Escura, que fixeron unha plantación de carballos e castiñeiros como primeiro paso para a creación desta nova área recreativa.
A posta en marcha desta nova área recreativa estará financiada na súa totalidade pola Comunidade de Montes de Lavadores e servirá para uso e disfrute de todos os veciños e todas as veciñas, que poderán usar este espazo para disfrutar da natureza dos montes da parroquia.


Deixa unha resposta