Obradoiro de filigrana na AVCD Lavadores

Os días 24 e 25 de outubro contaremos na Asociación Veciñal de Lavadores cun obradoiro de filigrana organizado e impartido por Susi Gesto.

O obradoiro, pensado como obradoiro de iniciación, comezará o sábado 24 de outubro e se realizará de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h. Para o domingo 25 de outubro, o obradorio extenderase de 11:00 a 14:00 h, e contará coa masterclass de Ricardo de la Iglesia.

O prezo do obradoiro é de 37 € para socios e 40 € non socios, e inclue o material a traballar. As prazas son limitadas, e podedes facer as reservas no teléfono 615189335 ou no correo susigestoobradoiros@gmail.com.

Anímate a coñecer de cerca unha actividade de artesanía de grande valor!

Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *