O vindeiro sábado 14 de marzo terá lugar na Asociación Veciñal de Lavadores un obradoiro co título “Tecendo toquilla de pelo de cabra”, impartido por Lola de Logaro.
No obradoiro teredes a oportunidade de realizar paso a paso o proceso artesanal de elaborar unha toquilla, aprendendo puntos e acabados da nosa tradición, nun espacio para vivir o ganchillo desde a emoción e a identidade.
As prazas son limitadas e é necesario inscribirse a través do Whatsapp da asociación. O prezo do obradoiro é de 77 € para socios e de 80 € para non socios, materiais e ferramentas non incluidas. O horario do obradoiro é de 10:00 a 13:00 h



Deixa unha resposta