OUTONO NA AVCD LAVADORES

Retomamos a actividade na Asociación Veciñal de Lavadores e o facemos de novo cunha intensa programación que se estenderá polos meses de setembro e outubro.

Estes son os eventos xa programados para esta primeira parte do curso 2025-2026:

Martes 9 de setembro:

  • Ás 19:30 h, presentación do libro “1975. Un crime de Estado na conta final do franquismo”, coordinado e editado pola Comisión 27 de setembro. Vigo.

Venres 12 de setembro:

  • Ás 20:30 h, concerto pop-rock a cargo de Francisco Castro.

Sábado 13 de setembro:

  • Xornada “Coñezamos o noso patrimonio industrial”, coas intervencións do experto Manuel Lara Coira, incluindo un roteiro polos arredores de Lavadores guiado polo historiador local Isidro Román.

Sábado 27 de setembro:

  • Dende as 19:00 h, I Festa do Mexilón, coa actuación do grupo Acordecanto da SCDR Helios de Bembrive e a animación do Grupo Monteira – Danzas do mundo.

Venres 10 de outubro:

  • Ás 18:00 h espectáculo familiar de “O Bardo Abelardo”, para todos os públicos.

Venres 17 de outubro:

  • A partir das 20:30 h, foliada, trae o teu instrumento e toca connosco e co grupo Froles Novas da Asociación Veciñal de Lavadores.

Venres 24 de outubro:

  • Actuación do grupo Airiños do mar de Teis.

Sábado 25 de outubro:

  • Dende as 12:00 h, II Festa da Mazá, con concerto da Escola de Música de Beade.

Agardamos que a nosa programación cultural e de lecer sexa do voso agrado e que participedes de todas as actividades. ¡Vinde a pasalo ben e a aprender na nosa Asociación!

Categories: , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies