Un día para sentir o Celta

O día 27 de xuño celebrarase no recinto da Asociación Veciñal de Lavadores un evento organizado pola peña celtista A TAPA CELESTE.

O evento, de acceso libre durante todo o día, se estenderá de 10:00 h a 23:00 h e celebrará o quinto aniversario da peña baixo o título “Un día para sentir o Celta”, e contará cun grande acto ás 19:23 h no que celebraremos a nosa comunión co clube celtista.

Ademáis, haberá una gran multitude de actividades para todas as idades:

  • Xogos tradicionais.
  • Inchables.
  • Pintacaras.
  • Torneos de tute e FIFA.
  • Obradoiro de cianotipias.
  • Animación pola banda de gaitas Atlántida de Matamá.
  • Xantar Celtista.
  • Coloquio, photocall, sorteos, agasallos, sorpresas.
  • Actuación dos grupos Síndrome de Penny Lane e Bafana Bafana.

Acudide todos a esta festa celtista a pasar un día de troula coa peña A TAPA CELESTE!

Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies