Comezamos este vindeiro domingo un programa de visitas culturais organizadas desde a Asociación Veciñal de Lavadores. Este programa de visitas pretende achegar o patrimonio histórico, artístico e cultural aos socios e socias da asociación e á veciñanza de Lavadores.
A primeira visita a realizar será este vindeiro domingo 9 de novembro, data na que visitaremos a Vila Romana de Toralla. A visita será gratuita e comezará ás 11:30 h. Non haberá transporte organizado pola asociación, de xeito que quedaremos na porta do centro de interpretación ás 11:15 h. Os grupos serán dun máximo de 25 persoas e poden asistir socios e non socios.
Debido ao aforo limitado será necesario inscribirse na asociación. Podedes facer a inscrición na secretaría da asociación, no número de Whatsapp (681 968 725), ou escribindo ao correo cultura@avlavadores.org, indicando un nome e o número de persoas en total que irán á visita.
Aproveitade esta ocasión para coñecer o patrimonio cultural de Vigo do mellor xeito posible!



Deixa unha resposta