Rematamos a primeira tanda do noso programa de visitas culturais organizadas desde a Asociación Veciñal de Lavadores, coa colaboración do Concello de Vigo. Este programa de visitas, no que xa disfrutamos de interesantes visitas á Vila Romana de Toralla e á Fortaleza do Castro, pretende achegar o patrimonio histórico, artístico e cultural aos socios e socias da asociación e á veciñanza de Lavadores.
Esta terceira visita a realizar será o domingo 21 de decembro, data na que visitaremos o Museo de Castrelos, incluindo a exposición especial “Los últimos marqueses. Historia del Pazo de Castrelos, 1896-1934“. A visita será gratuita e comezará ás 11:30 h. Non haberá transporte organizado pola asociación, de xeito que quedaremos no punto de encontro ás 11:15. O punto de encontro será a entrada do Museo. Os grupos serán dun máximo de 25 persoas e poden asistir socios e non socios.
Debido ao aforo limitado será necesario inscribirse na asociación. Podedes facer a inscrición na secretaría da asociación, no número de Whatsapp (681 968 725), ou escribindo ao correo cultura@avlavadores.org, indicando un nome e o número de persoas en total que irán á visita.
Aproveitade esta ocasión para coñecer o patrimonio cultural de Vigo do mellor xeito posible!



Deixa unha resposta