Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2025, adicado este ano ás cantareiras e á poesía popular oral, na Asociación veciñal preparamos un completo programa de actividades para toda a fin de semana.
Así, o venres 16 de maio teremos espectáculo de monicreques con Seis Dedos, actuación da Coral Lembranzas Galegas da Asociación e a actuación dos pandereteiros Traspés.
Pola outra banda, o sábado 17 de maio teremos espectáculo de maxia con Leo Leíño, a arte de declamación de Carmeliña García, e un bo feixe de actuacións durante toda a tarde e noite do sábado co grupo de gaitas Vila Galiza de Lavadores, o grupo Son de Acordeóns de Lavadores, o grupo de baile Froles Novas de Lavadores, e o espectáculo de Regueifeiros de Galicia.
Agardamos a todos os veciños e veciñas de Lavadores e de todo Vigo que se acheguen a disfrutar con nós do Día das Letras Galegas.



Deixa unha resposta