Este vindeiro sábado 14 de febreiro celebraremos na Asociación Veciñal de Lavadores un fantástico Baile de Entroido.
A partir das 19:00 h, teremos baile e animación con DJ, e agasallos para os traxes máis orixinais!
Esta actividade está dirixida a maiores de 18 anos e ten un coste de 5 € por persoa. Podedes anotarvos no Whatsapp da Asociación 681 968 725.
Disfrázate e ven bailar e compartir unha tarde chea de alegría en boa compañía!



Deixa unha resposta