Dia de homenaxes na AVCD Lavadores

Este pasado sábado 29 de novembro foi un día emotivo e intenso na asociación veciñal de Lavadores.

Á mañá participamos como cada ano no acto de homenaxe aos Mártires de Sobredo, en Guillarei, nun acto ao que acudíu moita xente e no que se lembraron os feitos acontecidos o 28 de novembro de 1922 en Sobredo e os asasinatos de Cándida Rodríguez González, Joaquín Besada, e Venancio González Romero, así como a propia historia da estatua que lembra aos asasinados, realizada por Camilo Nogueira, que foi dinamitada tras o golde de estado de 1936 e recuperada posteriormente grazas á participación de moitos veciños e de moitas asociacións veciñáis e comunidades de montes.

Pola tarde, celebramos o noso acto anual en memoria dos veciños e das veciñas de Lavadores represaliados durante a Guerra Civil e durante a dictadura franquista. Para ese acto, neste ano, contamos coa participación de Xavier Moreda, descendente dunha familia de represaliados e asasinados entre os que se atopaba o gaiteiro, músico e militante comunista Constante Moreda. Tamén contamos coa música do grupo de gaitas Os erdeiros dos Morenos de Lavadores.

Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies