Esta fin de semana, venres e sábado, terá lugar na Asociación Veciñal de Lavadores un evento enmarcado na celebración dos Días Europeos da Artesanía 2026.
O venres 10 de abril, en horario de 17:00 a 20:00 h, e o sábado 11 de abril, en horario de 11:00 a 14:00 h, poderedes participar en diversos obradoiros e demostracións, de bordado, artesanía en coiro, modelado en mesa e outras experiencias artísticas. A participación está aberta a pequenos e maiores e terá a intención de achegar a artesanía a todos os nosos veciños e as nosas veciñas.
Non faltedes!



Deixa unha resposta