Dias Europeos da Artesanía na AVCD Lavadores

Este próximo fin de semana imos celebrar nas instalacións da Asociación Veciñal de Lavadores os Días Europeos da Artesanía.

Durante todas as xornadas do venres 4 e do sábado 5 de abril, terán lugar na asociación diferentes obradoiros e demostracións sobre todo tipo de traballos artesanais: bolillos, bordado, cestería, coiro, arte floral, cerámica, etc.

O venres 4 de abril de 17:00 a 20:00 h, e o sábado 5 de abril de 11:00 a 14:00 h, poderedes asistir a todas ás demostracións ou apuntarvos aos obradoiros abertos para todas as idades. Agardamos a todos os veciños e veciñas de Lavadores que nos veñan acompañar nunchas xornadas perfectas para disfrutar con toda a familia.

Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies