O vindeiro sábado 25 de outubro inauguraremos na Asociación Veciñal de Lavadores unha imprescindible exposición que levará o título “Mulleres de Lavadores. Hoxe e sempre”. Esta exposición está realizada coa colaboración do Servizo de Igualdade do Concello de Vigo, e pretende destacar as traxectorias de un gran número de mulleres que deixaron unha pegada imborrable e inesquecible na vida e nas xentes do barrio de Lavadores.
A fin desta mostra é sensibilizar en materia de xénero e igualdade e facer máis visible para a veciñanza de Lavadores e de todo o concello de Vigo a pegada esencial de numerosas mulleres ao longo da historia e tamén nos nosos días. A exposición nos permitirá coñecer a traxectoria de moitas mulleres pertencentes a distintos ámbitos e distintas épocas, todas elas necesarias, todas imprescindibles.
A mostra estará exposta na Asociación Veciñal de Lavadores ata o 25 de novembro, data na que se celebra o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.



Deixa unha resposta