Festival Folclorico de Inverno na AVCD Lavadores

Este sábado 14 de marzo, na Asociación Veciñal de Lavadores, celebraremos o noso Festival Folclórico de Inverno, ao que invitamos a toda a veciñanza.

No Festival teremos a participación do grupo de baile da asociación, A.F. Froles Novas de Lavadores, o Grupo de Baile e Gaitas Celado, da Asociación de Veciños Celado, e o Grupo de Baile O Coto.

O festival dará comezo ás 18:00 h e será con entrada libre. Agardamos a todos os veciños e a todas as veciñas de Lavadores que se acheguen a disfrutar dunha nova tarde de baile e música tradicionais con estas magníficas agrupacións.

Categories: ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies