I Festa da Mazá da AVCD Lavadores

O próximo sábado 19 de Outubro vai ser unha xornada de celebración na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores. Unha xornada de festa na que celebraremos a I Festa da Mazá, con un bo feixe de actividades:

  • Tapas, empanada de mazá e produtos de degustación e veganos na cafetería da Asociación e nos postos do mercadiño.
  • A partir das 11:00 h, e durante toda a xornada, mercadiño EkoArtesán, que contará ademáis con unha prensa para facer zume ou sidra.
  • A partir das 13:00 h Sesión Vermú, amenizada por Marta Quintana con seu saxofón.
  • As 17:00 h teatro para peques e familias no Salón de Actos, da man de O’Eido Teatro, con “Historias de noutrora”.
  • Concurso de postres de mazá: recóllense os postres para concursar entre as 16:00 h e as 18:00 h. Bases do concurso a continuación.
  • E, finalmente, ás 19:00 h, concerto da Banda de Música Lira de San Miguel de Oia.

Bases do I Concurso da Festa da mazá 2024.

A entrega dos postres participantes farase na AV de Lavadores en horario de 16:00 a 18:00 hrs

Para este concurso de postres de mazá, haberá un xurado composto por 3 persóas.

A hora de puntuar, o xurado terá en conta

– A ORIXINALIDADE

– A DIFICULTADE

– A PRESENTACIÓN

– E POR SUPOSTO A DEGUSTACIÓN “RICO, RICO”

O fallo do xurado darase a coñecer en direto no salón de actos ao remate da actuación da Banda de música (as 20:30h aprox.)

A decisión do xurado será inapelable.

Unha vez entregados os premios, os postres do concurso serán ofrecidos de balde ao púbico até agotar existencias.

1° premio: Un lacón, un Kg de garbanzos

2° premio: Corte de pelo con peiteado en “Danira Estilistas”

3° premio: Dúas participacións de lotería da nosa Asociación


Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies