O vindeiro martes 23 de xuño celebraremos na Asociación Veciñal de Lavadores unha fantástica noite de San Xoan.
A partir das 20:00 h, acude á túa asociación para dar a benvida ao vran na Noite de San Xoan. Teremos sardiñas asadas, cos seguintes precios:
- Con reserva anticipada, ración de sardiñas + pan por 5 €. A hora límite para recoller as reservas serán as 22:00 h. Podes facer a tua reserva no móvil da Asociación ou na mesma Secretaría.
- Prezo sin reserva: 6 €.
Con cada ración de sardiñas haberá un ramiño de herbas de San Xoan como agasallo.
Todo amenizado polo grupo Os Aghuaneiros de Soutomaior.
Por último, como xa é costume, remataremos con unha queimada para espantar os malos espíritos.
Non faltedes a unha das mellores noites do ano na Asociación Veciñal de Lavadores!!!



Deixa unha resposta