Novo curso de baile tradicional para adultos

A Agrupación Folclórica Cultural Froles Novas, integrada na Asociación Veciñal de Lavadores, oferta para este curso 26-27 un novo curso de baile tradicional para adultos.

Aínda que Froles Novas leva desenvolvendo cursos de baile tradicional na Asociación dende hace moitos anos, nos últimos anos só había en marcha o curso para nenos. Este ano, a Agrupación invita a todos os veciños e todas as veciñas de Lavadores a anotarse no curso de baile tradicional e aprender a bailar con unha das agrupacións de máis sona de toda Galicia.

O curso terá lugar os venres, de 20:00 h a 21:00 h para principiantes, e de 21:00 h a 22:00 h para nivel intermedio, nivel avanzado e grupo de nais. O prezo é de 16 €/mes para socios, 22 €/mes para non socios.

Non deixes pasar a oportunidade de disfrutar do baile tradicional galego con unha das mellores agrupacións de Vigo e provincia!

Categories: ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *