Este próximo sábado 12 de abril teremos na Asociación Veciñal unha actividade moi especial. Organizado por Vallelongo, imos realizar un obradoiro de queixo pensando nos máis pequenos, ao longo de toda a xornada de sábado.
Poderedes muxir a vaquiña Candela, tocar un piano de queixo, tirar fotos nun photocall e, sobre todo, elaborar o teu propio queixo que despóis poderás levar para casa para unha fantástica merenda. Todo nun ambente de festa, música e moitas risas! O coste do obradoiro é de 8 euros para socios da Asociación e 10 euros para non socios. As prazas son limitadas así que apúntate xa!



Deixa unha resposta