Presentación do libro “1975. Un crime de Estado na conta final do franquismo”

Será o primeiro dunha serie de actos que terán lugar en Vigo neste mes de setembro, en homenaxe aos cinco últimos fusilados pola ditadura franquista. Uns asasinatos que se produciron o 27 de setembro de 1975 e que acabaron coas vidas de Xosé Humberto Baena Alonso, Xosé Luis Sánchez Bravo-Solla, Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot “Txiki” e Ángel Otaegui.

No acto do martes 9 de setembro na Asociación Veciñal de Lavadores, a partir das 19:30 h, presentarase o libro “1975. Un crime de Estado na conta final do franquismo”, coordinado e editado pola Comisión 27 de setembro. Vigo. A presentación do libro contará coas intervencións de Celso Lopez Pazos e Anxo Padín, membros da Comisión 27 de setembro. Vigo.

Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies