Tras varias semanas pechada por reformas, a cafetería da Asociación reinaugúrase o vindeiro venres 13 de novembro. E a celebración na nosa nova cantina será por todo o alto, con Magosto aberto para toda a veciñanza.
O Magosto 2026 na AVCD Lavadores, este venres 13 de novembro a partir das 19:30 horas, virá acompañado de grandes actuacións: teremos unha regueifa con Silvinha e Kike Estévez, e a presentación dun grupo de múcia tradicional con gaitas e pandeiretas.
Acompañádenos neste día tan especial e vinde ver o bonita que quedou a nosa cafetería!



Deixa unha resposta