Visita á Fortaleza do Castro coa AVCD Lavadores

Continuamos o noso programa de visitas culturais organizadas desde a Asociación Veciñal de Lavadores, coa colaboración do Concello de Vigo. Este programa de visitas, que xa comezamos este pasado domingo con unha interesantísima visita á Vila Romana de Toralla, pretende achegar o patrimonio histórico, artístico e cultural aos socios e socias da asociación e á veciñanza de Lavadores.

Esta segunda visita a realizar será o sábado 22 de novembro, data na que visitaremos a Fortaleza do Castro, o xacemento castrexo do Castro e o Castelo de San Sebastián. A visita será gratuita e comezará ás 17:00 h. Non haberá transporte organizado pola asociación, de xeito que quedaremos no punto de encontro ás 16:45. O punto de encontro será a entrada da fortaleza que ten os canóns, a que está na rotonda onde está o cafe bar. Os grupos serán dun máximo de 25 persoas e poden asistir socios e non socios.

Debido ao aforo limitado será necesario inscribirse na asociación. Podedes facer a inscrición na secretaría da asociación, no número de Whatsapp (681 968 725), ou escribindo ao correo cultura@avlavadores.org, indicando un nome e o número de persoas en total que irán á visita.

Aproveitade esta ocasión para coñecer o patrimonio cultural de Vigo do mellor xeito posible!

Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies