Continuamos co noso ciclo de cinema e memoria na Asociación Veciñal de Lavadores coa proxección do documental “El silencio de otros”, que se celebrará o vindeiro xoves 20 de marzo, ás 19:00 h.
“El silencio de otros” é un documental dirixido por Almudena Carracedo e Robert Bahar en 2018, que nos fala da loita silenciada das vítimas da ditadura fascista de Franco, vítimas que a día de hoxe siguen buscando xustiza e siguen a procurar enterrar dignamente aos seus familiares.
Ao remate da proxección desenvolverase un coloquio con Celso López Pazos, en representación da Asamblea Republicana de Vigo, e Miguel Ángel Gómez Álvarez, vítima no seu tempo da represión franquista.



Deixa unha resposta