Xoves de Cinema e Memoria na AVCD Lavadores

O ciclo de cinema e memoria na Asociación Veciñal de Lavadores continua coa cuarta proxección programada. Nesta ocasión trátase da película “Septiembre del 75”, nunha sesión a celebrar o vindeiro xoves 24 de abril ás 19:00 h.

“Septiembre del 75”, unha película de Adolfo Dufour realizada no 2009, narra unha historia de loita antifranquista particularmente vencellada á nosa cidade, centrada na figura de Xose Humberto Baena, fusilado polo franquismo o 27 de setembro de 1975, xunto a outro veciño vigués, Xosé Luis Sánchez Bravo, e outros tres condenados.

Ao remate da proxección teremos de novo un debate sobre memoria antifranquista moderado por Celso López Pazos, da Asamblea Republicana de Vigo.

Categories:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies