O ciclo de cinema e memoria na Asociación Veciñal de Lavadores chega ao seu fin coa quinta e derradeira proxección programada. Para esta ocasión contaremos coa película “Los niños de Rusia”, nunha sesión a celebrar o vindeiro xoves 22 de maio ás 19:00 h.
“Los niños de Rusia” da voz a algúns dos nenos que foron enviados a Rusia durante a guerra civil. Estímase que uns 3000 nenos foron evacuados a Rusia para salvalos do confilcto, aparte de outros moitos enviados a distintos países de Europa e Sudamérica. Moitos de aqueles rapaces non conseguiron voltar á súa terra natal até pasados máis de 20 anos.
O filme foi dirixido por Jaime Camino e ten data de 2002. Ao remate da proxección teremos un novo debate moderado por Celso López Pazos, presidente da Asamblea Republicana de Vigo.



Deixa unha resposta